O shiitake, como se cultivou sempre: en madeira
No bosque, o shiitake medra sobre troncos de frondosas. Nós reproducimos iso mesmo, tronco a tronco.

O proceso, en 4 pasos
1. Madeira

Seleccionamos troncos de carballo e perforámolos un a un.
2. Inoculación

Introducimos o micelio de shiitake en cada burato e selámolo con cera.
3. Incubación

O micelio coloniza a madeira durante meses, á sombra e con humidade.
4. Colleita

Cando o tronco está listo, frutifica por tandas e colleitamos a man cada cogomelo.
Tronco ou bloque: a diferenza
A maior parte do shiitake do mercado cultívase en bloques de serrín en naves. É un sistema rápido. O noso é lento: un tronco tarda meses en dar a primeira colleita e produce durante varios anos. Esa madeira é a que dá ao noso shiitake a súa carne firme e o seu sabor.
Feito no Barbanza

Cultivamos na nosa finca de Rianxo, no Barbanza. Somos un proxecto pequeno que prefire producir mellor a producir máis.