Norteseo é un proxecto local, feito aquí, na zona do Barbanza, e pensado para manter unha relación directa entre quen cultiva e quen consome.
As condicións ambientais da zona —temperaturas suaves, humidade e un clima estable ao longo do ano— permiten o cultivo de fungos de forma natural. Aínda así, hai momentos nos que é necesario intervir para acompañar o proceso, como o manexo da humidade ou o mollado dos troncos, sempre respectando os ritmos do fungo e sen forzar máis do necesario.
Todo o cultivo realízase nun único lugar, o que nos permite coñecer ben o proceso, estar presentes no día a día e tomar decisións en función do que vemos no cultivo.
Este xeito de traballar, próximo e transparente, forma parte da identidade de Norteseo e do compromiso que temos co produto e co territorio no que se desenvolve o proxecto.