O proxecto Norteseo

Norteseo é un proxecto de cultivo de fungos que naceu coa idea de facer as cousas como se fixeron sempre, pero adaptadas ao presente.

Traballamos seguindo métodos tradicionais, respectando os tempos do cultivo e os procesos naturais do fungo, pero sen renunciar á innovación nin ao coñecemento actual que nos permite mellorar a calidade e a constancia do produto. Creemos que tradición e evolución non son opostas, senón complementarias.

Apostamos por un modelo a pequena escala, no que cada paso conta. Un xeito de traballar no que prima o coidado, a atención ao detalle e o respecto polo entorno no que cultivamos. Norteseo é un proxecto vivo, que medra pouco a pouco, aprendendo e mellorando sen perder nunca a esencia.

O logo de Norteseo inspírase na rosa dos ventos, un símbolo ligado á orientación, ao camiño e á toma de decisións. O propio nome xoga cos puntos cardinais —Norte, Sur, Este e Oeste— como representación da procura constante do equilibrio e da dirección correcta.

Para nós, esta idea significa ter claro cara onde imos, sen esquecer de onde vimos. Traballar con criterio, con sentido común e cun rumbo definido, mantendo sempre o respecto polos métodos de sempre e incorporando o que nos axuda a facer as cousas mellor.

O lema “Como antes, pero agora” resume esta maneira de entender o proxecto: conservar o auténtico, adaptándoo ao presente e mirando cara ao futuro.