O reishi é un fungo coñecido e valorado dende hai séculos en distintas culturas, especialmente en Asia, onde foi tradicionalmente apreciado en preparacións específicas máis que como ingrediente culinario.
Destaca pola súa composición en beta-glucanos, triterpenos e outros compostos naturais que están a ser estudados pola comunidade científica polo seu interese nutricional e funcional.
A investigación sobre o reishi céntrase no papel destes compostos no funcionamento normal do organismo e na súa relación co benestar xeral, sempre dentro do marco dunha alimentación equilibrada e dun estilo de vida saudable. Por este motivo, adoita empregarse en formatos como decoccións, infusións ou extractos.
En Norteseo cultivamos o reishi co mesmo criterio que o resto do proxecto: con calma, respectando os tempos do fungo e os procesos naturais, e poñendo o foco en obter un produto ben formado e coidado.
Ámbitos estudados na investigación científica
- Resposta inmunitaria e equilibrio do organismo
- Adaptación ao estrés e benestar xeral
- Metabolismo cardiovascular
- Actividade antioxidante e procesos inflamatorios