Shiitake de tronco para a túa cociña ou a túa tenda
Servimos directamente desde a nosa finca a restaurantes, froiterías e cooperativas. Sen intermediarios.Por que traballar con nós
Produto diferente. Shiitake medrado en madeira de carballo, de carne firme e sabor intenso. Nótase no prato.
Trato directo. Falas co produtor. Sabes de onde vén e cando se colleitou.
Pedidos á medida. Desde poucos quilos semanais.

Pide prezos profesionais
Cóntanos que tipo de negocio tes, onde estás e cantos quilos aproximados necesitas á semana, e respondémosche cos prezos e as condicións de reparto.
Enche o formulario ou chámanos ao +34 669 14 52 74.