Onde realizades envíos?
Enviamos a toda a Península. Tamén facemos entrega local en Padrón, Rianxo, Boiro, A Pobra do Caramiñal e Ribeira (códigos postais 15900, 15920, 15930, 15940 e 15960) e podes recoller o pedido na nosa finca de Rianxo.
Canto custa o envío?
Envíos á Península (IVE incluído):
- Pedidos de menos de 25 €: 6,90 €.
- Pedidos de 25 € a 49,99 €: 4,90 €.
- Pedidos de 50 € ou máis: gratis.
Entrega local: 2,90 € en pedidos de menos de 20 € e gratis a partir de 20 €. A recollida na finca (Agro do Monte s/n, Rianxo) non ten custo.
Canto tarda en chegar o meu pedido?
O prazo estimado de entrega é de 24 a 48 horas desde a saída do pedido.
Como funcionan os envíos de produtos frescos?
Os produtos frescos envíanse unicamente se hai stock dispoñible. Os pedidos realizados ata as 22:00 considéranse do mesmo día.
- Luns e martes → envío ao día seguinte.
- Mércores a domingo → envío o luns seguinte.
- Non se realizan envíos de produtos frescos xoves nin venres.
E os demais produtos?
Os produtos non frescos envíanse o seguinte día hábil tras a confirmación do pedido.
Como conservo o shiitake fresco?
Na neveira, nunha bolsa de papel (non en plástico), e mellor consumilo nos días seguintes á recepción. Antes de cociñalo abonda con limpalo cun pano ou unha brocha; non é necesario lavalo.
Como hidrato o shiitake deshidratado?
Ponno en remollo en auga morna uns 20–30 minutos (ou en auga fría varias horas na neveira). Despois escórreo e cociñao como o fresco. Non tires a auga do remollo: é un caldo moi saboroso para arroces, sopas e guisos.
Pódese conxelar o shiitake?
Si. Recomendámosche saltealo antes e conxelalo xa cociñado, en porcións. Así mantén mellor a textura e podes usalo directamente en arroces, pastas ou guisos.
Podo devolver un produto?
Os produtos non perecedoiros dispoñen dun prazo de 14 días naturais para exercer o dereito de desistimento.
Pódense devolver produtos frescos?
Non. Os produtos frescos están excluídos do dereito de desistimento segundo o artigo 103.d) do Real Decreto Lexislativo 1/2007.
Que pasa se recibo un produto defectuoso ou incorrecto?
No caso de erro ou produto defectuoso, procederase á substitución ou ao reembolso correspondente.
Que métodos de pagamento aceptades?
Na nosa web podes pagar mediante:
- Tarxeta de crédito ou débito (TPV virtual seguro).
- Bizum.
- Efectivo, se recolles o pedido na nosa finca.
Como podo contactar convosco?
Podes contactar connosco a través de:
- O formulario da sección Nós e contacto da web.
- Correo electrónico: info@norteseo.com
- Teléfono: +34 669 14 52 74