Preguntas frecuentes

Onde realizades envíos?

Enviamos a toda a Península. Tamén facemos entrega local en Padrón, Rianxo, Boiro, A Pobra do Caramiñal e Ribeira (códigos postais 15900, 15920, 15930, 15940 e 15960) e podes recoller o pedido na nosa finca de Rianxo.

Canto custa o envío?

Envíos á Península (IVE incluído):

  • Pedidos de menos de 25 €: 6,90 €.
  • Pedidos de 25 € a 49,99 €: 4,90 €.
  • Pedidos de 50 € ou máis: gratis.

Entrega local: 2,90 € en pedidos de menos de 20 € e gratis a partir de 20 €. A recollida na finca (Agro do Monte s/n, Rianxo) non ten custo.

Canto tarda en chegar o meu pedido?

O prazo estimado de entrega é de 24 a 48 horas desde a saída do pedido.

Como funcionan os envíos de produtos frescos?

Os produtos frescos envíanse unicamente se hai stock dispoñible. Os pedidos realizados ata as 22:00 considéranse do mesmo día.

  • Luns e martes → envío ao día seguinte.
  • Mércores a domingo → envío o luns seguinte.
  • Non se realizan envíos de produtos frescos xoves nin venres.

E os demais produtos?

Os produtos non frescos envíanse o seguinte día hábil tras a confirmación do pedido.

Como conservo o shiitake fresco?

Na neveira, nunha bolsa de papel (non en plástico), e mellor consumilo nos días seguintes á recepción. Antes de cociñalo abonda con limpalo cun pano ou unha brocha; non é necesario lavalo.

Como hidrato o shiitake deshidratado?

Ponno en remollo en auga morna uns 20–30 minutos (ou en auga fría varias horas na neveira). Despois escórreo e cociñao como o fresco. Non tires a auga do remollo: é un caldo moi saboroso para arroces, sopas e guisos.

Pódese conxelar o shiitake?

Si. Recomendámosche saltealo antes e conxelalo xa cociñado, en porcións. Así mantén mellor a textura e podes usalo directamente en arroces, pastas ou guisos.

Podo devolver un produto?

Os produtos non perecedoiros dispoñen dun prazo de 14 días naturais para exercer o dereito de desistimento.

Pódense devolver produtos frescos?

Non. Os produtos frescos están excluídos do dereito de desistimento segundo o artigo 103.d) do Real Decreto Lexislativo 1/2007.

Que pasa se recibo un produto defectuoso ou incorrecto?

No caso de erro ou produto defectuoso, procederase á substitución ou ao reembolso correspondente.

Que métodos de pagamento aceptades?

Na nosa web podes pagar mediante:

  • Tarxeta de crédito ou débito (TPV virtual seguro).
  • Bizum.
  • Efectivo, se recolles o pedido na nosa finca.

Como podo contactar convosco?

Podes contactar connosco a través de:

  • O formulario da sección Nós e contacto da web.
  • Correo electrónico: info@norteseo.com
  • Teléfono: +34 669 14 52 74