En Norteseo dedicámonos ao cultivo de fungos como o shiitake e o reishi. Apostamos por un xeito defacer as cousas responsable e próximo.
Non buscamos producir máis, senón producir mellor, coidando cada paso do proceso.
30 €
20 €
18 €
Os fungos son un alimento sinxelo e natural, presente dende hai tempo na nosa cociña.
Aportan proteínas vexetais, fibra, vitaminas e minerais, e destacan pola súa versatilidade e polo ben que encaixan nunha alimentación equilibrada e variada.
Os fungos de Norteseo están pensados para usarse con naturalidade, pero tamén para quen quere ir un paso máis alá.
Funcionan igual de ben en receitas sinxelas do día a día que en pratos máis traballados, achegando sabor e textura e adaptándose a moitos estilos de cociña.
Ver receitas
En Norteseo traballamos respectando os tempos do cultivo e coidando cada detalle do proceso.
Apostamos por unha produción responsable, centrada na calidade do produto e no respecto polo entorno no que cultivamos.