Arroz meloso con shiitake

Un arroz de monte, meloso e cheo de sabor, que funciona igual con shiitake fresco ou deshidratado.

Tempo: 40 min · Racións: 4 persoas · Dificultade: Media

Ingredientes

  • 300 g de arroz redondo
  • 300 g de shiitake fresco (ou 20 g deshidratado hidratado)
  • 1 cebola
  • 1 pemento verde
  • 2 dentes de allo
  • 1 tomate maduro
  • 1,2 litros de caldo de verduras (e a auga do remollo, se usas deshidratado)
  • 1 vaso pequeno de viño branco
  • Aceite de oliva, sal e perexil

Elaboración

  1. Quenta o caldo e mantelo quente. Lamina os shiitake e pica a cebola, o pemento e o allo. Rela o tomate.
  2. Nunha cazola con aceite, doura os shiitake a lume alto 4–5 minutos e resérvaos.
  3. Na mesma cazola, sofríe a cebola, o pemento e o allo 8–10 minutos. Engade o tomate e cociña 5 minutos.
  4. Bota o arroz, remove 1 minuto e engade o viño ata que evapore.
  5. Engade o caldo quente pouco a pouco e cociña 18 minutos, removendo de cando en vez. Volve meter os shiitake a metade da cocción.
  6. Axusta de sal, apaga o lume e deixa repousar 2 minutos. Serve con perexil picado.

Consello de Norteseo

Se usas deshidratado, mestura a auga do remollo coada co caldo: dálle un sabor moito máis profundo.

Mercar shiitake fresco