Fideos con ameixas e shiitake

Mar e monte da ría de Arousa nun mesmo prato: ameixas, fideos e shiitake de tronco.

Tempo: 40 min · Racións: 4 persoas · Dificultade: Media

Ingredientes

  • 320 g de fideos grosos
  • 500 g de ameixas
  • 250 g de shiitake fresco
  • 1 cebola
  • 2 dentes de allo
  • 1 tomate maduro
  • 1 litro de caldo de peixe
  • 1 vaso pequeno de viño branco
  • 1 culler de pementón doce
  • 1 folla de loureiro
  • Perexil fresco
  • Aceite de oliva e sal

Elaboración

  1. Pon as ameixas en auga fría con sal durante unha hora para que solten a area. Escórreas.
  2. Pica a cebola e o allo, rela o tomate e lamina os shiitake.
  3. Nunha tixola ancha ou cazola con aceite, sofríe a cebola e o allo 8 minutos. Engade os shiitake e saltea 4 minutos.
  4. Incorpora o tomate e cociña 5 minutos. Aparta do lume, engade o pementón e remove.
  5. Bota os fideos e mestúraos co sofrito 1 minuto. Engade o viño e deixa que evapore.
  6. Verte o caldo quente e o loureiro e coce a lume medio o tempo que indique o paquete dos fideos.
  7. Nos últimos 3–4 minutos, pon as ameixas por riba e tapa ata que abran. Descarta as que queden pechadas.
  8. Remata con perexil picado e deixa repousar 2 minutos antes de servir.

Consello de Norteseo

Se tes caldo cos pés do shiitake (mira a receita), mestúrao co de peixe: multiplica o sabor.

Mercar shiitake fresco