Guiso de legumes con shiitake

Un guiso de cullerada, de lume lento, no que o shiitake lle dá corpo e sabor ao caldo.

Tempo: 45 min · Racións: 4 persoas · Dificultade: Fácil

Ingredientes

  • 200 g de shiitake fresco
  • 1 cenoria
  • 1 pemento verde
  • 1 cebola
  • 2 patacas
  • 500 ml de caldo de verduras
  • Aceite, sal, pementón doce e tomiño

Elaboración

  1. Pica a cebola, a cenoria e o pemento. Corta os shiitake en cuartos.
  2. Nunha pota con aceite, sofríe a cebola, a cenoria e o pemento 8–10 minutos a lume medio.
  3. Engade os shiitake e cociña 5 minutos máis.
  4. Aparta un momento do lume, engade unha culler de pementón e remove.
  5. Incorpora as patacas en anacos "escachados" (así o caldo espesa mellor) e o caldo. Sal.
  6. Cociña a lume suave 20–25 minutos, ata que as patacas estean tenras. Engade o tomiño ao final.

Consello de Norteseo

Mellora moito se repousa unhas horas antes de comer.

Mercar shiitake fresco