Tortilla de pataca con shiitake

A tortilla de sempre cun sabor máis fondo: o shiitake salteado achega un punto tostado que encaixa moi ben coa pataca.

Tempo: 35 min · Racións: 2 persoas · Dificultade: Media

Ingredientes

  • 3 ovos
  • 2 patacas medianas
  • 100 g de shiitake fresco
  • Media cebola (opcional)
  • Aceite de oliva
  • Sal

Elaboración

  1. Pela as patacas e córtaas en láminas finas. Corta a cebola en tiras.
  2. Confita as patacas e a cebola en abundante aceite a lume medio durante 15–20 minutos, ata que estean tenras. Escórreas ben.
  3. Mentres, lamina os shiitake e saltéaos 4–5 minutos nunha tixola cun chisco de aceite e sal.
  4. Bate os ovos cun pouco de sal, engade as patacas, a cebola e os shiitake e deixa repousar a mestura 5 minutos.
  5. Quenta unha tixola pequena cunha cullerada de aceite, verte a mestura e calla 2–3 minutos a lume medio.
  6. Dálle a volta cun prato e calla 1–2 minutos máis, segundo o punto que che guste.

Consello de Norteseo

Engade un pouco de queixo curado relado á mestura para un sabor máis intenso.

Mercar shiitake fresco