Shiitake de tronco de carballo: por que é diferente

Madeira de verdade. O noso shiitake aliméntase de troncos de carballo, non de substratos industriais. Iso dálle carne firme e un sabor intenso.

Colleita no seu punto. Recollémolo a man e envíase fresco, sen longas cadeas de distribución.

Feito no Barbanza. Cultivamos en Rianxo, nun proxecto pequeno onde falas directamente co produtor.

Así cultivamos

Detalle de troncos de carballo cortados para o cultivo de shiitake

Produtos destacados

Caixa de shiitake fresco de 1 kg

Shiitake fresco · 1 kg

20 €

Mercar
Caixa de shiitake fresco de 500 g

Shiitake fresco · 500 g

10 €

Mercar
Tronco de carballo inoculado dando shiitake

Cultiva o teu shiitake: tronco inoculado

30 €

Mercar

Ver toda a tenda: deshidratado, reishi e máis

Tes un restaurante ou unha tenda?

Servimos shiitake fresco semanal a hostalaría, froiterías e cooperativas do Barbanza e arredores. Pide prezos profesionais.

Quero información

Shiitake no seu punto de colleita sobre tronco de carballo
Tosta de shiitake con polo á boloñesa e queixo

Do tronco ao prato

Salteado, á prancha, en arroces ou nun caldo. Mira as nosas receitas para sacarlle todo o sabor.

Somos Norteseo

Norteseo naceu no Barbanza cunha idea sinxela: cultivar shiitake como se fai na natureza, sobre madeira de carballo, e facelo ben. Hoxe coidamos miles de troncos na nosa finca de Rianxo e levamos o noso shiitake a restaurantes, tendas e casas de toda a zona.

Seguimos medrando amodo, como os nosos troncos. Como antes, pero agora.

Coñécenos

Troncos de shiitake entre as árbores da finca en Rianxo